Arturo Benito Silva, nado en Verín o 10 de maio de 1907, foi un mestre, escritor e político galego.

Traxectoria Estudou o Bacharelato en Ourense e fíxose mestre. Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1929. Exerceu como mestre en Correchouso (Laza) (1929), Verín (1931), Arcos (Vilamartín de Valdeorras) (1932) e Queizás (1935).La Zarpa, 15-11-1934, p. 11. Militante do Partido Radical, colaborou en La Zarpa e dirixiu o semanario Monterrey en 1935. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colaborou en España Nueva de Verín. En maio de 1944 obtivo o título de procurador dos tribunais.La Voz de Galicia, 26-5-1944, p. 2. Foi baixa no Maxisterio en 1945 "por abandono de destino" en febreiro de 1944. Nos anos oitenta colaborou no Suplemento Cultural do Faro de Vigo.

Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Verín Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Verín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido