A PlayStation 2 (abreviada PS2) é a segunda videoconsola producida por Sony, despois da PlayStation 1 e antes da PlayStation 3 (que foi lanzada en novembro de 2006). Lanzouse primeiro no Xapón o 4 de marzo de 2000, despois en América do Norte o 26 de outubro de 2000, e en Europa o 24 de novembro de 2000.
A PS2 é parte da sexta xeración de videoconsolas. Na súa época foi a videoconsola que máis rápido se vendeu; até decembro de 2005 vendéranse cen millóns de consolas PS2.
Características O sistema que a consola utiliza como soporte para os xogos son discos en formato CD e DVD; o formato DVD aumenta o espazo dispoñible para os datos dos videoxogos, facendo polo tanto xogos de maior calidade gráfica e sonora. Ademais, tamén reproduce películas en formato DVD.
Especificacións técnicas
CPU (Emotion Engine)
Arquitectura: MIPS (R5900). Frecuencia de reloxo do Sistema: 294.912 MHz (299 Mhz nas últimas versións). Memoria Caché: Instrucións 16 KB, Datos 8 KB + 16 KB. Memoria Principal: 32 MB. Ancho de banda do Bus de memoria: 128 bits DMA. Coprocesador: 2 Unidades paralelas de operacións vectoriais. Rendemento do procesador nun punto flotante (FPP): 3.2 GFLOPS. Transformación Xeométrica 3D CG: 18 millóns de polígonos por segundo. Descodificador de compresión de Ficheiro: MPEG2.
GPU
Frecuencia do reloxo do Sistema: 147 MHz. Memoria interna: 4MB DRAM. Velocidade do frame buffer: 38,4 Gbytes/s. Velocidade de debuxado: 2,4 Gpíxeles/s.
I/O
Núcleo da CPU: CPU de PlayStation mellorada (R5900). Frecuencia de reloxo: 37.5 MHz. Memoria IOP: 2 MB. Sub Bus: 32-bit.
Son
Número de Voces: 48 canles con son surround 3D. Memoria da selección de son: 2 MB. Frecuencia de Saída: ata 48 kHz.
DVD
Tamaño máximo: Dobre capa 9 GB. Velocidade do DVD-ROM: 4X. Velocidade do CD-ROM: 24X.
Interface
Universal Serial Bus (USB) x 2. Porto de mando x 2, rañura para MEMORY CARD x 2. Saída Óptica Dixital. Adaptador de rede. Cable de rede.
Versións Desde que a consola apareceu, non deixaron de evolucionar, se as primeiras consolas que chegaron a España eran a versión 3, ata a data coñécense ata a versión 14, máis ben chamada PStwo. Unha versión, que ao igual que pasou no seu momento con PSone (ou PlayStation) é a versión reducida da consola. Cada versión ten as súas particularidades.
Como podemos recoñecer a nosa versión?
Versión 3 - 10 parafusos na tapa inferior. Versión 4 - 8 parafusos e non ten oco na parte superior da baía do disco duro. Versión 5/6 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3000X - SCPH-3000XR. Versión 7/8 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-3900X. Versión 9 - 8 parafusos, ten oco e a referencia é SCPH-5000X. Versión 12/13 - SlimLine ou PSTwo, fácil de recoñecer polo seu reducido tamaño e con referencia SCPH-7000X. Versión 14 - Igual en tamaño que as v12/13 pero con referencia SCPH-7500X.
Accesorios Dispón dun gran número de accesorios, entre os clásicos mandos, volantes e pistolas, destacan pola súa orixinalidade os seguintes accesorios:
Cámara USB
O xogo EyeToy incorpora unha cámara de vídeo que permite ao usuario interactuar co xogo usando o seu corpo, o xogo procesa as imaxes que recibe a través da cámara e detecta as colisións para mover, golpear ou pulsa-los elementos do videoxogo.
Micrófono
O xogo SingStar incorpora dous micrófonos e un adaptador USB, é un xogo ao máis puro estilo Karaoke, que sorprendeu a comunidade dos videoxogos pola súa innovadora tecnoloxía no recoñecemento de voz.
Adaptador de Rede e disco duro Co adaptador de rede para PlayStation 2, poderemos xogar partidas online con outros xogadores e descargarnos actualizacións, imaxes e demais contidos para almacena-los no noso disco duro, xa son moitos os xogos que permiten usar esta tecnoloxía.
A descarga será aproximadamente en euros uns 3,40 as 24 horas.
Pad DDR
É un tapete de baile utilizado nos xogos de Konami, Dance Dance Revolution, están compostos polos botóns de frechas direccionais e nos vértices do tapete (que é de forma cadrada) encóntrase os botóns triángulo, círculo, cadrado e "X", estando na parte superior do tapete os botóns select e start.
Kit Linux
O Kit Linux esta composto por un disco duro de 40 GB, un adaptador de rede, un rato e un teclado USB, un cable VGA e o sistema operativo Linux para PlayStation 2, este kit esta pensado para programar, igualmente pódese introducir unha distribución de linux chamada Black Rhino
Páxina de Black Rhino)
Prezos
Norteamérica US$299.99 (26 de outubro de 2000, prezo de saída). US$199.99 (14 de maio de 2002). US$179.99 (13 de maio de 2003). US$149.99 (11 de maio de 2004). US$129.99 (20 de abril de 2006).
Xapón JP¥39,800 (marzo de 2000, prezo de saída). JP¥35,000 (29 de xuño de 2001). JP¥29,800 (29 de novembro de 2001). JP¥25,000 (2002). JP¥19,800 (13 de novembro de 2003). JP¥17,800 (xuño de 2004).
Reino Unido GB£299.99 (24 de novembro de 2000, Prezo de Saída). GB£199.99 (26 de setembro de 2001). GB£169.99 (1 de setembro de 2002). GB£139.99 (1 de outubro de 2003). GB£104.99 (18 de outubro de 2004).
España e Portugal EUR €129,99 (actual).
Notas
Véxase tamén
PlayStation. PlayStation 3. PlayStation Portable. Sony.
Ligazóns externas Sitio Web Oficial Vendas do PS2
Categoría:PlayStation