O emblema de Sri Lanka é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente en 1972. Na parte central deste escudo figura un león amarelo ou dourado que porta unha espada e que está no interior dun círculo de cor vermella cun bordo composto por pétalos dourados da flor de loto. Os pétalos de loto están rodeados por unha coroa de espigas de arroz que medran nun recipiente da parte inferior do escudo. A carón deste recipiente aparecen a Lúa e o Sol, que son símbolos de lonxevidade.

Na parte superior do escudo figura o dharmachakra, o "torno do Destino" que é un símbolo budista. O león armado coa espada tamén aparece representado na bandeira nacional, e é un símbolo adoptado do estandarte que tivo o desaparecido Reino de Kandy.

Escudos históricos Escudo Descrición Datas100pxEscudo do período portugués en Ceilán1505–1658100pxEscudo do período neerlandés1602–1796100pxArmas usadas ó comezo da Ceilán británicaArmas usadas durante o período británico1875–1948100pxArmas usadas polo Dominio de Ceilán ata 1954. 1948–1954100pxEmblema do Dominio de Ceilán1952–1972

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Sri Lanka

Ligazóns externas Páxina oficial do Goberno de Sri Lanka Armas nacionais de Sri Lanka

Sri Lanka Categoría:Símbolos de Sri Lanka