José Altabella Hernández, nado en Caspe o 7 de marzo de 1921 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1995, foi un xornalista e profesor español.
Traxectoria Foi bolseiro do Centro de Estudios Históricos, sección de Bibliografía (1935-1936). Despois foi bolseiro da Hemeroteca Municipal de Madrid (1947-1951), correspondente de L´Écho de la Presse et de la Publicité, colaborador de Gaceta de la Prensa Española (1942-72); Mundo Estudios de Información; Comunicación XXI, e AEDE, e xefe de sección de ABC de Madrid dende 1967.
Profesor da Escola Oficial de Xornalismo (1951-1975) e da Escola de Xornalismo da Igrexa (1966-1974). Cursou a carreira de Ciencias da Información, licenciándose en 1976 coa primeira promoción e foi nomeado profesor desa Facultade da Universidade Complutense, sendo o primeiro catedrático de Historia do Xornalismo Español. Finou en Madrid o 28 de decembro de 1995.Fallece el periodista José Altabella
Obras
É autor de numerosos libros sobre historia do xornalismo. Ocupouse da prensa galega, sobre a que publicou os artigos: "El periodismo lucense hasta nuestros días", 11/8/1958, El Progreso. "Notas para una historia de la prensa en Orense", 1960. "Síntesis histórica del periodismo vigués", 1960-61. Faro de Vigo y su proyección histórica, 1965. Con Francisco Leal Insua
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na Enciclopedia Aragonesa
Categoría:Xornalistas de Aragón Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Caspe Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1995