O castro de Vilarullo é un castro de chaira situado no lugar do Castro de Vilarullo, na parroquia e concello de Curtis.

Descrición De sección circular mide uns 120 metros de diámetro. Ten grandes muros defensivos, nalgunhas zonas de máis de 20 metros de altura. O recinto ten dous accesos, un ao leste e outro ao oeste. A croa é unha castiñeira con grandes pedras. O recinto, na cara N-O, está afectado por labores agrícolas. O castro está circundado pola cara sur por unha pista forestal que delimita as plantacións de eucaliptos.

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa

Vilarullo