Miguel da Paz de Portugal (en portugués: Miguel dá Paz de Avis e Trastâmara), nado en Zaragoza o 24 de agosto de 1498 e finado en Granada o 19 de xullo de 1500, foi príncipe de Asturias de 1499 a 1500 e príncipe herdeiro de Portugal de 1498 a 1500.

Traxectoria Fillo do rei Manuel I de Portugal e de Isabel de Aragón, princesa de Asturias e filla dos Reis Católicos. Naceu o 24 de agosto de 1498 en Zaragoza (Aragón), e no parto faleceu a súa nai.Juan de Mariana: Historia general de España, vol. XIV, pág. 13.

Como fillo do rei luso, era tamén príncipe herdeiro de Portugal. A morte da súa nai converteu a Miguel da Paz en Príncipe de Asturias e Xirona, títulos outorgados aos herdeiros das coroas de Castela e de Aragón. Xa que logo, de vivir o suficiente, gobernaría sobre toda a Península Ibérica, as posesións aragonesas no Mediterráneo e as posesións castelás e portuguesas de ultramar.

Miguel da Paz morreu en Granada o 20 de xullo de 1500, sen chegar a cumprir os dous anos de idade e foi sepultado en Toledo. Posteriormente foi trasladado á Capela Real de Granada onde actualmente descansa xunto aos restos da súa tía e o marido dela, Xoana I e Filipe I, e os seus avós, Isabel I e Fernando V.

Unificación ibérica Coa súa morte morreu tamén a posibilidade de que todos os reinos da Península Ibérica unísense baixo un monarca común e que se producise o tan buscado soño da unificación ibérica. Portugal e a xa unificada España non lograrían ter un mesmo monarca ata 1580, trala vitoria española na batalla de Alcántara co goberno da península en mans de Filipe II, Filipe III e Filipe IV de España, aínda que nunhas circunstancias moi diferentes.

Antepasados <div style="clear: both; width: 100%; padding: 0; text-align: left; border: none;" class="NavFrame"> Antepasados de Miguel da Paz de Portugal

Notas

Véxase tamén Outros artigos Isabel de Aragón (1470-1498) Xoana I de Castela Príncipe de Asturias

Categoría:Nados en 1498 Categoría:Finados en 1500 Categoría:Príncipes de Asturias Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Españois de ascendencia inglesa