miniatura|Ovos de Cuculus canorus canorus + Sylvia sarda A papuxa sarda (Curruca sarda, antes Sylvia sarda) é unha ave da familia Sylviidae.

Morfoloxía e hábitos A papuxa sarda ten unha lonxitude duns 13,5 cm. O corpo enteiro é de cor agrisada, case azulado no caso dos machos. Normalmente coa cola erguida e cunha carúncula ocular tipicamente vermella. Habita en zonas de ladeiras e monte baixo.

Distribución Localizada unicamente en Córsega, Sardeña e outras illas do Mediterráneo Occidental. Inverna ocasionalmente na costa alxeriana e tunesina. Algunhas fontes consideran os exemplares localizados nas Illas Baleares coma unha subespecie propia (Sylvia sarda balearica), mentres que outras a consideran unha especie separada (Sylvia sarda ou Curruca sarda).

Notas

Véxase tamén Bibliografía C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009 Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a.

Categoría:Sílvidos