Rouben Zachary Mamoulian, nado en Tbilisi (actual Xeorxia) o 8 de outubro de 1897 e finado en Hollywood (California) o 4 de decembro de 1987 foi un director de cinema e teatro armenio-estadounidense.
Traxectoria Naceu en Tbilisi, nunha familia armenia. A súa nai, Virginia Kalantarian foi directora de teatro, e o seu pai, Zachary Mamoulian, era presidente dun banco. Mamoulian mudouse a Inglaterra e comezou a dirixir obras teatrais en Londres en 1922. Ao ano seguinte Vladimir Rosing levouno aos Estados Unidos para dar clases na Eastman School of Music e tamén dirixiu óperas e teatro. Nacionalizouse estadounidense en 1930. A estrela infantil Jackie Cooper afirmou na súa autobiografía que Mamoulian era o seu tío, o que o axudou na súa carreira.
Comezou no cinema en 1929, con Applause, un dos primeiros filmes sonoros. As súas innovacións no uso da cámara e do son levouno a dirixir outros filmes durante a década de 1930.
A súa carreira como director chegou á súa fin cando foi despedido de dúas rodaxes consecutivas, Porgy and Bess (1959) e Cleopatra (1963).
Filmografía AnoTítulo1929 Applause1931 City Streets 1931 Dr. Jekyll and Mr. Hyde1932 Love Me Tonight 1933 Queen Christina 1933 The Song of Songs 1934 We Live Again 1935 Becky Sharp 1936 The Gay Desperado1937 High, Wide, and Handsome 1939 Golden Boy 1940 The Mark of Zorro 1941 Blood and Sand1942 Rings on Her Fingers 1948 Summer Holiday 1957 Silk Stockings
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Rouben Mamoulian Collection na Library of Congress
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Tbilisi Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1987