Chamaecyparis é un dos oito xéneros da familia das cupresáceas (Cupressaceae), que comprende seis especies orixinarias do leste de Asia (Xapón e Formosa) e do leste e o oeste dos Estados Unidos.Kew World Checklist of Selected Plant Famlies .
Características Son árbores perennifolias de tamaño de mediano a grande, que medran até 20–70 m de alto, cunha follaxe en ramiñas aplanadas, formando planos netos. As follas son de dous tipos, agullas xuvenís aciculares sobre os exemplares novos até dun ano de idade, e escamentos nas follas dos adultos. Os conos son de globosos a ovais, con 8-14 escamas dispostas en pares decusados opostos; cada escama ten de 2 a 4 pequenas sementes.
Taxonomía miniatura|220px|Chamaecyparis formosensis. miniatura|220px|Chamaecyparis obtusa. miniatura|220px|Chamaecyparis pisifera. miniatura|220px|Chamaecyparis thyoides.
Descrición O xénero foi descrito en 1841 polo botánico francés Édouard Spach (1801-1879).Philippe Jaussaud & Édouard R. Brygoo (2004): Du Jardin au Muséum en 516 biographies. Paris: Muséum national d’histoire naturelle de Paris. ISBN 2-8565-3565-8, p. 630.
Etimoloxía O nome científico de xénero, Chamaecyparis, está formado polos elementos do latín científico chamae- e -cyparis. O primeiro elemento está tirado do grego antigo χαμαί chamaí, "en terra", "no chan", e tamén "baixo" e "pequeno", e o segundo deriva do grego antigo κυπάρισσος kypárissos, "ciprés". Literalmente: "ciprés anano". Chamaecyparis no Merriam-Webster Unabridged Dictionary
Sinónimos O xénero tamén se coñece polos seguintes sinónimos (algúns deles impropios): Shishindenia en GBIF. Abela Salisb. Abela Salisb. en Tropicos. Chamaepeuce Zucc. Chamaepeuce Zucc. en GBIF. Retinispora Siebold & Zucc. Retinispora Siebold & Zucc. en GBIF. Retinispora Siebold & Zucc. en Tropicos. Shishindenia Makino ex Koidz.
Nomes vulgares Ás árbores deste xénero adóitaselles chamar en galego falso alcipreste ou alcipreste directamente malia non seren do xénero Cupressus. ciprés no Dicionario da RAG. alcipreste no Dicionario da RAG.
Segundo as normas para a nomenclatura en linguas vulgares das especies vexetais, que aconsellan dar nomes diferentes ás especies de xéneros distintos, uns posíbeis nomes galegos para as especies deste xénero poderían ser falsos cipreses ou o neoloxismo camecíparis.
Especies A maioría dos autores recoñecen seis especies dentro do xénero: Biota of North America Program 2013 county distribution maps Aínda que algúns só recoñecen cinco, ou elevan o seu número a sete. Chamaecyparis formosensis - falso ciprés de Formosa (Taiwán) Chamaecyparis lawsoniana - falso ciprés de Lawson (Oeste de América do Norte) Chamaecyparis obtusa - falso ciprés hinoki (Xapón) Chamaecyparis pisifera - falso ciprés de Sawara (Xapón) Chamaecyparis taiwanensis - falso ciprés de Taiwán (Taiwán) Chamaecyparis thyoides - falso ciprés branco americano (Leste de América do Norte)
C. taiwanensis é tratado por moitos autores europeos e americanos como unha variedade de Chamaecyparis obtusa (como C. obtusa var. formosana), pero os últimos estudos morfolóxicos e moleculares sitúano dentro da nova especie Chamaecyparis taiwanensis, segundo os botánicos taiwaneses.Hwang, S.-Y.; Lin, H.-W.; Kuo, Y. S. & Lin, T. P. (2001): "RAPD variation in relation to population differentiation of Chamaecyparis formosensis and Chamaecyparis taiwanensis". Bot. Bull. Acad. Sinica 42: 173-179. <ref>Hwang, L.-H.; Hwang, S.-Y. & Lin, T.-P. (2000): "Low Chloroplast DNA Variation and Population Differentiation of Chamaecyparis formosensis and Chamaecyparis taiwanensis'"'. Taiwan J. Forest Sci. Ler en liña .</ref> Ambos os dous taxa difiren nos seus requirimentos ecolóxicos, xa que C. obtusa crece principalmente en lugares secos, mentres que C. taiwanensis ocupa solos húmidos e require lugares máis chuviosos e aire máis húmido.
O xénero Fokienia non é recoñecido por moitos autores como un xénero separado de Chamaecyparis, en cuxo caso Chamaecyparis hodginsii (= Fokienia hodginsii, o falso ciprés de Fuijan, propio da China, Vietnam e Laos) debería agregarse á lista anterior.Fokienia en BioLib .
Outra especie que era incluída neste xénero, o C. nootkatensis, transferiuse, en base a evidencias xenéticas e morfolóxicas importantes, ao xénero Callitropsis, pasándose a denominar como Callitropsis nootkatensis, ou de volta a Cupressus nootkatensis, nome co que a especie foi descrita orixinalmente en 1824. Porén, en BioLib mantense dentro de Chamaecyparis.Nootka Cypress Chamaecyparis nootkatensis (D. Don) Spach en BiolLib .
Coñécense tamén varias especies descritas a partir do rexistro fósil incluíndo: †Chamaecyparis eureka Mediados do Eoceno, illa Axel Heiberg, Canadá. †Chamaecyparis linguaefolia Principios-mediados do Oligoceno, Colorado, Estados Unidos.
Cultivo e usos Catro especies (C. lawsoniana, C. obtusa, C. pisifera e C. thyoides) son de considerábel importancia como árbores ornamentais en horticultura; varios centos de cultivares foron seleccionados por varios riscos, incluíndo un tamaño anano, follaxe amarelo, azulado, prateado ou variegado, retención permanente das follas xuvenís e gomos coma fíos cunha ramaxe reducida.
A madeira é aromática, e moi apreciada, en particular no Xapón, onde se usa para a construción de templos.
Inimigos As especies de Chamaecyparis son parasitadas polo fungo Gymnosporangium clavariiforme.Chamaecyparis Spach en BioLib .
Ademais son utilizadas como plantas alimenticias polas larvas de certas especies de lepidópteros, coma Eupithecia pusillata e Panolis flammea.
Nalgunhas zonas, o cultivo vese limitado polas enfermidades de raíz causadas por especies de fungos do xénero Phytophthora, sendo C. lawsoniana particularmente susceptíbel a P. lateralis. Actualmente moitas das áreas autóctonas onde medran os exemplares máis antigos de C. lawsoniana están afectadas por este fungo, introducido recentemente nos Estados Unidos, que termina por matar a árbore. Non hai cura para as árbores infectadas, sendo o control da dispersión do fungo a única forma eficaz de combatelo. Actualmente estanse a investigar variedades resistentes.
En Galicia En Galicia cultívanse, en distintos parques e xardíns, catro das especies deste xénero: Chamaecyparis lawsoniana, Chamaecyparis obtusa, Chamaecyparis pisifera e Chamaecyparis thyoides Notas
Véxase tamén
Bibliografía Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5. Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-8424-6068-4. Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3. Rushforth, Keith D. (1987): Conifers''. Nova York City, Nova York, EUA: Facts on File. ISBN 978-0-8160-1735-5.
Outros artigos Cupresáceas Cupresoideas
Ligazóns externas Chamaecyparis en Gymnosperm Database . Germplasm Resources Information Network: Chamaecyparis . USDA forest service . O xénero Chamaecyparis en Árboles Ibéricos . Chamaecyparis Spach en BioLib .