Carmen Pérez Navazal, chamada tamén Carmen de Campos, nada en Sanguiñeda (Mos) en 1925 e finada na mesma parroquia o 4 de xaneiro de 2015"Adeus á Señora Carmen, fundadora e alma de Malvela", Praza Pública 5 de xaneiro de 2015., foi unha labrega e vocalista galega, cantante en solitario baixo o nome artístico de Señora Carmen, e membro á vez do grupo Malvela.

Traxectoria Labrega, xa na súa xubilación foi descuberta por Uxía para integrar o grupo vocal de cantareiras Malvela. Foi Uxía a que lle deu o alcume artístico de Señora Carmen, dado que no conxunto había xa dúas "carmes", pero máis novas. Con Malvela gravou catro álbums.

Ademais, en solitario gravou un álbum en 2007, que simultaneou coa súa traxectoria con Malvela. Este álbum viña acompañado dun pequeno documental onde narraba a súa vida.

Obra Con Malvela Que o pano non me namora (2002) O aghinaldo (2004) Da miña xanela á túa (2007) Raianas (2011)

En solitario Na flor dos meus anos (2007)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Videoclip de 'Na flor dos meus anos'.

Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Mos Categoría:Vocalistas Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cantareiras galegas