Unha amina bióxena (ou bioxénica) é unha substancia producida pola actividade biolóxica (bióxena) que ten un ou máis grupos amino. Son compostos nitroxenados básicos formados principalmente por descarboxilación de aminoácidos ou por aminación e transaminación de aldehidos e cetonas. As aminas bióxenas son bases orgánicas de baixo peso molecular que sintetizan os microbios, plantas e animais nos seus metabolismos. Algunhas aminas bióxenas teñen importantes funcións biolóxicas; outras pode ser tóxicas. Nos alimentos e bebidas fórmanse por acción dos encimas contidos na materia prima do alimento ou xéranse pola descarboxilación microbiana dos aminoácidos.

Importancia en alimentación As aminas bióxenas poden atoparse en todos os alimentos que conteñen proteínas ou aminoácidos libres e encóntranse en moitos produtos alimenticios, como produtos cárnicos ou de peixe, produtos lácteos, viño, cervexa, verduras, froitas, noces e chocolate. En alimentos non fermentados a presenza de aminas bióxenas non é xeralmente desexada e pode usarse como un indicador de que houbo unha deterioración por acción microbiana. En alimentos fermentados pode esperarse a presenza de moitos tipos de microorganismos, algúns dos cales poden producir aminas bióxenas.

Estes compostos xogan un importante papel como fonte de nitróxeno e como precursoras para a síntese de hormonas, alcaloides, ácidos nucleicos, proteínas, aminas e compoñentes do aroma dos alimentos. Porén, os alimentos que conteñen grandes cantidades de aminas bióxenas poden ter efectos tóxicos.

Exemplos Algúns exemplos importantes de aminas bióxenas son:

Monoaminas clásicas Histamina - substancia derivada do aminoácido histidina que actúa como neurotransmisor mediando a excitación e atención, e tamén o sinal pro-inflamatorio liberado polos mastocitos en resposta ás reaccións alérxicas ou danos tisulares. A histamina é tamén un importante estimulante da secreción de HCl polo estómago por medio dos receptores de histamina H2. Serotonina - un neurotransmisor do sistema nervioso central derivado do aminoácido triptófano implicado en regular o estado de ánimo, sono, apetito, e sexualidade. Os tres neurotransmisores catecolaminas: Noradrenalina (norepinefrina) - un neurotransmisor implicado no sono e insomnio, atención, e comportanmento de alimentación, e tamén como hormona do estrés liberada polas glándulas adrenais que regula o sistema nervioso simpático. Adrenalina (epinefrina) - unha hormona do estrés adrenal, e tamén un neurotransmisor presente a baixos niveis no cerebro. Dopamina - un neurotransmisor implicado na motivación, recompensa, adicción, reforzo do comportamento, e coordinación do movemento corporal.

Aminas traza humanas Fenetilaminas (relacionadas coas catecolaminas): Fenetilamina (PEA) N-Metilfenetilamina (isómeros de anfetaminas endóxenos) Feniletanolamina m-Tiramina p-Tiramina N-Metiltiramina m-Octopamina p-Octopamina Sinefrina 3-Metoxitiramina Compostos de tironamina: 3-Iodotironamina Triptaminas (indolaminas, relacionadas coa serotonina): Triptamina N-Metiltriptamina

Importancia fisiolóxica

Hai unha distinción entre as aminas endóxenas e exóxenas. As endóxenas prodúcense dentro do corpo en moi diferentes tecidos, por exemplo a adrenalina na medula adrenal ou a histamina nos mastocitos e fígado. As aminas transmítense localmente ou a través do sistema circulatorio sanguíneo. As aminas exóxenas absórbense directamente a partir dos alimentos que chegan ao intestino. O alcohol etílico pode incrementar a súa taxa de absorción. O encima monoamino oxidase (MAO) degrada as aminas bioxénicas e impide a súa excesiva reabsorción. Os inhibidores da MAO (MAOIs) úsanse como medicamentos para o tratamento da depresión para impedir que a MAO degrade aminas importantes para ter un estado de ánimo positivo.

A cloramina, usada ás veces para desinfectar a auga potable, é unha monoamina, e pode non ser ben tolerada por persoas en tratamento con inhibidores da monoamino oxidase ou persoas con deficiencias da MAO.

Notas

Véxase tsamén Outros artigos Neurotransmisores monoaminas

Ligazóns externas The Biogenic Amines - Neuroscience 2nd edition, Dale Purves et al.

Categoría:Aminas