Leopoldo José Brenes Solórzano, nado o 7 de marzo de 1949 en Ticuantepe (Nicaragua) é un eclesiástico católico latino, arcebispo metropolitano de Managua e primado de Nicaragua dende 2005, e cardeal dende 2014. Traxectoria Naceu en Ticuantepe o 7 de marzo de 1949. O 16 de agosto de 1974 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Managua Miguel Obando Bravo.
O 13 de febreiro de 1988 o papa Xoán Paulo II nomouno bispo auxiliar de Managua e bispo titular de Maturba. Recibiu a ordenación episcopal o 19 de marzo do mesmo ano, de mans do cardeal e arcebispo de Managua Miguel Obando Bravo. O 2 de novembro de 1991, Xoán Paulo II nomeouno bispo de Matagalpa.
O 1 de abril de 2005 Xoán Paulo II nomeouno arcebispo metropolitano de Managua.
O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal, co título de cardeal-presbítero de San Gioacchino ai Prati di Castello.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados no departamento de Masaya Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Nicaragua Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais de Nicaragua