Miguel Ángel García Stobart, máis coñecido como Micky Stobart, nado o 22 de marzo de 1985 en Palma de Mallorca, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o CB Valladolid da LEB Ouro. Cunha estatura de 2,05 metros xoga na posición de pivote.
Traxectoria profesional En 2012, Stobart chegou ó Obradoiro CAB da Liga ACB procedente do Bàsquet Mallorca. Ó rematar a tempada, renovou o seu contrato por unha tempada máis.
Tras dúas tempadas en Santiago de Compostela, Stobart fichou en setembro de 2014 polo CB Valladolid da LEB Ouro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Palma Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Lleida Bàsquet Categoría:Xogadores do Bàsquet Mallorca Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do CB Valladolid