Silvio Santiago García, nado en Vilardevós o 18 de outubro de 1903 e finado no mesmo concello o 12 de setembro de 1974, foi un escritor galego.
Traxectoria Instalouse na Coruña como traballador do comercio. En 1933 aprobou os exames para secretarios xudiciais.El Ideal Gallego, 16-5-1933, p. 4. Participou na fundación do Partido Sindicalista na Coruña en 1934 e colaborou en Trabajo. Interveu na campaña do Referendo de autonomía de Galicia de 1936.El Pueblo Gallego, 30-6-1936, p. 2. Ao chegar a guerra civil de 1936, no transcurso da cal foi asasinado o seu irmán Xacinto, pasou seis meses no cárcere. Despois fuxiu a Portugal (1937) e de alí marchou a Cuba e posteriormente a Venezuela, onde residiu unha gran parte da súa vida.
Traballou no periódico El Nacional,El Ideal Gallego, 12-1-1944, p. 2. creou o Centro Galego de Caracas e dirixiu a Casa Galicia, o Lar Gallego, un programa radiofónico (Hora de Galicia) e varias revistas, como por exemplo Galicia, na que tratou de mostrar o seu ideal de comuñón galaico-venezolano. Nesta revista comezou a carreira literaria en 1952. Foi un dos promotores do volume Homaxe da Galicia Universal, dedicado a Ramón Otero Pedrayo.
En 1958 regresou de Venezuela e pasou a residir en Vilaboa (Culleredo), con tempadas na súa vila natal. Cando xa estaba a piques de cumprir os sesenta anos, en 1961, revelouse como escritor coa publicación de Vilardevós, un libro que de seguida se converteu nun clásico da narrativa galega. Faleceu en Vilardevós o 12 de setembro de 1974.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-9-1974, p. 41.
miniatura|Vilardevós na BBdCG.
Obras Vilardevós (1961). Vigo: Galaxia, con prólogo de R. Otero Pedrayo. Publicada ao seu regreso a Galicia. Novela autobiográfica de mocidade. Reeditada en 2020, ISBN 978-84-9151-439-8. 180 páxs. Foi o nº 40 da Biblioteca Básica da Cultura Galega. O silencio redimido (1976). Vigo: Galaxia, publicada postumamente. Inspirada na peripecia vital do propio Silvio Santiago na guerra civil. Premio da Crítica de narrativa galega 1977. 2ª ed. en 1990, ISBN 978-84-7154-696-8. 3ª ed. en 2025, ISBN 978-84-1176-534-3. Noticia previa. Reencontro co lector postreiro.
Recoñecementos
Premio da Crítica 1977 por O silencio redimido."Silvio Santiago y Méndez Ferrín, premios de la crítica", La Voz de Galicia, 27-3-1977, p. 26.
Vida persoal
Casou con Joaquina Julia Conde San Martín e foi pai de Silvia Santiago Conde.La Región, 14-9-1955, p. 2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Galicia (Revista del Centro gallego) (Caracas, 1952-1954) realizada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP)
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes