Ata que chegou a súa hora (en , e en ) é un filme dirixido por Sergio Leone que se estreou en 1968. Está protagonizado por Henry Fonda como malvado, Charles Bronson como a súa némese, Jason Robards como o bandido e Claudia Cardinale como a viúva. O guión foi escrito por Leone e Sergio Donati, a partir dunha historia de Leone, Bernardo Bertolucci e Dario Argento. A fotografía é de Tonino Delli Colli, e a banda sonora é de Ennio Morricone. É a primeira parte da triloxía de Leone "Once Upon a Time", sendo as outras dúas Once Upon a Time... the Revolution e Era unha vez en América.
Estreouse en galego na TVG o 22 de xuño de 2008.
Personaxes Claudia Cardinale como Jill McBain Henry Fonda como Frank Jason Robards como Cheyenne Charles Bronson como Harmonica Gabriele Ferzetti como Morton Paolo Stoppa como Sam Woody Strode como Stony Jack Elam como Snaky Keenan Wynn como Sheriff Frank Wolff como Brett McBain Lionel Stander como Barman Al Mulock como Knuckles
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sergio Leone Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1876 Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes rodados en Utah Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes rodados en Almería Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego