Manuel Rodríguez Rodríguez, nado en Viana do Bolo e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1908, foi un filólogo e escritor galego.

Traxectoria Estudou co latinista e lexicógrafo Manuel Jares, cura párroco de Quintela de Hedroso. Pasou ao Seminario de Astorga onde fixo o bacharelato en Filosofía e Teoloxía. Do seminario enviárono a Roma, pero renunciou a carreira sacerdotal e fíxose mestre. Exerceu a ensinanza particular, foi oficial do Goberno Civil de Oviedo e xefe de Facenda de Zaragoza e Lugo. Por amaurose quedou cego.La Correspondencia Gallega, 7-5-1908, p. 3. Dedicouse á ensinanza en Santiago de Compostela, onde organizou cátedras de Gramática, Filosofía e de Xordomudos e Cegos, dirixindo o colexio El Amparo. Inventou un aparato para a escritura dos cegos. Colaborou en El Carbayón de Oviedo, El Eco de Orense, La Unión Mercantil de Sevilla, El Regional, Revista Gallega, El Eco de Santiago, Faro de Vigo e Galicia.Galicia, 14-6-1908, p. 1-2. É autor das narracións en galego Os bizcoitos do crego, publicado en La Voz de Mondoñedo en 1906, e "A boda do grilo" e "O pantasma", que apareceron en El Eco de Galicia en 1907.

Obras Estudio clásico sobre el análisis de la Lengua española. Apuntes gramaticales sobre el romance gallego de la Crónica Troyana. Estudio clásico sobre el análisis de la lengua española, 1891. Origen filológico del idioma gallego, 1905. Origen filológico del romance castellano, 1905.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Finados en 1908 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados no século XIX Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Persoas cegas