Sia Kate Isobelle Furler, nada o 18 de decembro de 1975 en Adelaida, máis coñecida como Sia, é unha cantante e produtora musical australiana.

Traxectoria No ano 2000, o seu sinxelo "Taken for Granted" estivo no top 10 do Reino Unido. O seu álbum musical Some People Have Real Problems estivo entre os 50 máis vendidos nos Estados Unidos segundo a listaxe de Billboard 200. No ano 2005, a súa canción "Breathe Me" apareceu na escena final da serie "Six Feet Under". Nos Premios musicais ARIA de 2009, Sia gañou o premio para o mellor DVD musical. Na edición de 2010 acadou seis nomeamentos e gañou o premio ao mellor lanzamento musical por We Are Born e ao mellor vídeo musical para a canción "Clap Your Hands". Colaborou con David Guetta na canción "Titanium" e na produción do sinxelo "She Wolf (Falling to Pieces)" e "Wild Ones" co rapeiro Flo Rida. As tres cancións acadaron grande éxito internacional.

No 2014, o seu sinxelo "Chandelier" chegou a posicionarse na oitava posición no Billboard Hot 100 e recibiu catro nomeamentos aos Premios Grammy.

Discografía Álbums musicais OnlySee (1997) Healing Is Difficult (2001) Colour the Small One (2004) Some People Have Real Problems (2008) We Are Born (2010) 1000 Forms of Fear (2014) This Is Acting (2016) Everyday Is Christmas (2017) Music (2021) Reasonable Woman (2024)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cantantes de Australia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Adelaida