Isla Mágica é un parque temático situado en Sevilla, ambientado no descubrimento de América e inaugurado en 1997. Formouse aproveitando algunhas instalacións da Exposición Universal de 1992. O parque ten 8 zonas temáticas para o uso e desfrute do cliente.
En 2014 inaugurouse dentro do parque unha zona chamada Agua Mágica, que contén unha praia artificial e piscina de ondas, escorregadoiros, piscinas de baño familiar e infantil, escorregadoiros infantís e río lento.
Áreas temáticas Sevilla, Puerto de Indias El Balcón de Andalucía (ata 2011) Mundo Maya Puerta de América Amazonia La Guarida de los Piratas La Fuente de la Juventud El Dorado
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Sevilla Categoría:Parques de atraccións