250px|miniatura|O macizo do Garraf visto dende o castelo de Eramprunyà. O Macizo do Garraf (en catalán: Massís del Garraf) é un macizo montañoso situado na Cordilleira Litoral de Cataluña.
Ocupa unha área triangular entre o val do Llobregat, a depresión do Penedès e o mar Mediterráneo, constituíndo un conxunto de montañas baixas, con alturas máximas arredor dos 600 metros.
O Macizo do Garraf perde altura cara a poñente e desaparece preto de El Vendrell, onde a depresión litoral se ve limitada polo mar. O macizo presenta unha superficie de preto de 9.967 ha, que orográficamente vai dende o nivel do mar ata os 593 metros do cume de La Morella.
As montañas do Garraf son de tipo calcario con moitas simas e covas. A palmeira anana é unha especie endémica no macizo do Garraf.
Parte do macizo está protexida formando parte do Parque Natural do Garraf e do Parque de Olèrdola.
Véxase tamén Outros artigos Parque Natural do Garraf
Ligazóns externas
Información sobre o macizo do Garraf
Garraf Categoría:Cordilleiras Costeiras Catalás