Jesús Segundo Rey Alvite, tamén coñecido polo pseudónimo Jersaef, nado en Portor (Negreira) o 26 de agosto de 1878Empadroamento de Santiago de Compostela de 1894. 10º Tomo. P-R, no Arquivo Histórico Universitario de Santiago-AHUS, signatura 1177. e finado en Vilagarcía de Arousa o 5 de outubro de 1941,El Compostelano, 6-10-1941, p. 2. foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo do médico Jesús Vicente Rey e de María Alvite (falecida en Agrón, Ames, o 24 de agosto de 1917).El Correo de Galicia, de 25-8-1917. Estudou no Seminario de Santiago de Compostela, que despois abandonou para seguir a carreira de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre en Amio e na escola municipal do barrio compostelán das Barreiras (1918-1941). En agosto de 1909 foi nomeado redactor-correspondente da revista Mondoñedo, época na que xa traballaba como correspondente do xornal bonaerense El Eco de Galicia.Gaceta de Galicia, de 11-8-1909. Colaborou en moitos medios de comunicación, foi redactor de Gaceta de Galicia (baixo o alcume de Jereal), El Eco de Santiago, El Compostelano e El Correo Gallego e foi correspondente en Compostela de periódicos galegos e estatais, como Faro de Vigo ou La Prensa de Buenos Aires.

O 18 de xuño de 1910 participou na entrega dun álbum de homenaxe a Eugenio Montero RíosGaceta de Galicia, de 18-6-1910. e en agosto de 1912 recibiu un premio nos Xogos Florais de Pontevedra por unha biografía de Manuel Curros Enríquez.Diario de Galicia, de 20-8-1912, p. 3.

Foi secretario da Comisión organizadora do monumento a Rosalía de Castro da Alameda de Compostela. O 3 de febreiro de 1927 foi elixido secretario da primeira xunta directiva da Asociación de Prensa de Santiago, baixo a presidencia de Celestino Sánchez Rivas,El Correo Gallego, 10-9-2006, nun artigo de Héitor Picallo. e foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega.

Faleceu de forma accidental na estación de Vilagarcía de Arousa, cando se dirixía a Cambados ao visitar a súa filla, ao tentar saltar do tren á plataforma, aínda estando en marcha.El Compostelano, de 6-10-1941, p. 2. Vida persoal Casou en xaneiro de 1904 con Concepción Feás Mourelle (nada en 1879 e falecida en Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1954) e foi pai dos tamén xornalistas José e Jesús Rey-Alvite Feás, así como doutros 6 fillos: Rosa, María Presentación (nada o 24 de novembro de 1910, foi mestra e casou con Benito Miser López), Sol Josefa, Joaquín Manuel (practicante de medicina e cirurxía en Leiro e, posteriormente, en Pozo Estrecho, Cartagena, e casou con Marujita Parente Montero), Antonio (nado en 1916 e finado en xaneiro de 2003, que foi axente da Policía Armada destinado en Barcelona e casou con Carmen González Seoane) e Juan José (nado en 1921 e finado en Santiago o 18 de novembro de 1927, de pneumonía).

Obra publicada Masas corales (1905). Artigo no número 8 do 19 de febreiro de 1905 na revista da Habana Galicia, páxina 4. D. Rafael M. de Labra: estudio biográfico (1911). Impreso na Tipografía Sindicato de Publicidad, Madrid; 23 páxinas. Unha biografía de Manuel Curros Enríquez, premiada nos Xogos Florais de Pontevedra (1912), de título descoñecido. Gallegos ¡Arriba! (1913). Artigo no número 3 de marzo de 1913 na revista da Habana Galicia Gráfica, páxinas 9-10. Las fiestas compostelanas: Galicia de enhorabuena (1913). Artigo no número 7 na revista da Habana Galicia Gráfica, páxinas 8-9. Ante la tumba del ruiseñor gallego (1913). Poema publicado no número 6 da revista bonaerense Suevia, páxinas 9-10. ¡Qué cunda el ejemplo! (1913). Artigo publicado no número 8 da revista bonaerense Suevia, páxinas 4-6. Crónicas compostelanas (1913). Artigo no número 9 do 4 de outubro de 1913 na revista da Habana Galicia Gráfica, páxina 25. ¡Qué traballe!... : (conto que ten mais d'hestóreco que de fantásteco) (1914). Artigo no Almanaque gallego para Buenos Aires de 1914, páxinas 140-142. La "Sultana de Morrazo" : Crónica pontevedresa (1917). Impreso na Tipografía de El Eco Franciscano, Santiago de Compostela; 8 páxinas. Fiestas patronales santiaguesas: año... Monografía de Jesús Rey Alvite (1920). Libro conmemorativo das Festas do 25 de xullo, con publicidade. Santiago de Compostela. La obra de un buen gallego (1924). Artigo no número 5 na revista de Montevideo Alma Gallega, páxina 11. Primer centenario del natalicio de Méndez Núñez : Cómo se efectuó el primer homenaje popular al Héroe del Callao (1924). Edición de Jacobo Rey González (sucursal de Paredes), Santiago de Compostela; 46 páxinas. El Regimiento Infantería de Zaragoza 12 "El Glorioso" : Estudio histórico (1925). Impreso na Tipografía La Comercial, Santiago de Compostela; 20 páxinas. Peregrinos de la diócesis tudense al templo del Apóstol Santiago (1926). Impreso na Tipografía, Fotografía e Encuadernación do Faro de Vigo, Vigo; 16 páxinas. El Cardenal Martín de Herrera y de la Iglesia: 1835-1922: toda una vida de ejemplar apostolado católico y de protección constante a la indigencia (1927). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 30 páxinas. La labor fecunda de López Ferreiro (1931). Artigo no número 235-240 (Tomo 20) no Boletín de la Real Academia Gallega; páxinas 323-340. Los Santuarios jacobeos de la nación española (1932). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 175 páxinas. El arma de caballería española y su patrono el Apóstol Santiago (1935). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 128 páxinas. La Ofrenda Nacional al Apóstol Santiago : (1926 a 1935). Monografía de Jesús Rey Alvite (1936). Impreso na Litografía e Imprenta Roel, A Coruña; 190 páxinas. El Jubileo jacobeo: su institución y desenvolvimiento hasta hoy: monografía por Jesús Rey Alvite (1937). Edición de Enrique Roel, A Coruña; 80 páxinas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia'', t. 3, p. 161.

Ligazóns externas Xenealoxía Alvite

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Negreira Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega