Gala González, nada na Coruña o 16 de marzo de 1986, é unha deseñadora de moda, modelo e blogueira galega.
Traxectoria Naceu nunha familia relacionada co mundo da moda en Galicia. O seu tío é o deseñador Adolfo Domínguez, e o seu pai tamén traballou na empresa do tío en postos directivos.
En 2003 marchou a Londres a estudar moda na Universidade de Artes de Londres, no college Central Saint Martins. Comezou a traballar para Adolfo Domínguez como directora creativa da súa liña xuvenil (Liña U) ao rematar os estudos, en 2007, pero a sona da súa traxectoria profesional veu da man da comunicación. En 2005 abriu un fotolog de moda e en 2007 comezou co seu propio blog. En 2014 tiña 340.000 seareiros na súa conta de InstagramVÍDEO: Dos horas con Gala González (y sin WiFi), El País, 8 de xaneiro de 2005.
En 2009 presentaba a súa primeira colección de moda de seu, Music CollectionU de Gala, El Mundo., para Adolfo Domínguez. En xuño de 2010 foi modelo para a colección de LoeweVídeo de campaña en YouTube., e despois diso viñeron outras firmas como H&M, Mango, Corello, Guerreiro ou AG, así como a marca de produtos de depilación Veet.
González apareceu en diversas publicacións, como Vogue, Elle ou Marie Claire.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Am-Lul, a páxina web oficial da blogueira. Gala González, la única española entre las blogueras más influyentes . S Moda, (15 de marzo de 2016).
Categoría:Blogueiros Categoría:Deseñadores de moda de Galicia Categoría:Modelos femininas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1986