Vicente Llópiz Méndez-Esperante, nado en Olavarría (Arxentina) o 19 de abril de 1896 e finado en Barcelona o 22 de xullo de 1965, foi un militar e filólogo galego.
Traxectoria A súa familia era ferrolá pero oriúnda de Manises e regresou a Ferrol en 1906. Destacou por unha especial habilidade para o debuxo. Foi amigo de Francisco Franco na adolescencia.
Fíxose militar en Zaragoza, optando polo corpo de Intendencia. Destinado en Ferrol, dedicouse a coleccionar refráns e palabras galegas que recollía dos seus soldados e dos seus amigos, sacerdotes e avogados. Trasladado a León, casou con María González Laurín e, posteriormente, residiu en Madrid.
Na guerra foi director dos Hospitais Militares da zona de Valladolid. Finalizada a guerra, deixou o exército e marchou a vivir en Zaragoza e, xa os derradeiros anos, en Barcelona, onde seguiu recompilando voces e refráns galegos ata a súa morte.
Foi nomeado membro correspondente da Real Academia GalegaMembros da Academia: correspondentes. en 1957, por proposta de Leandro Carré, Bouza Brey e Vales Villamarín.
Obras Vivindo en Madrid, empezou a publicar un Diccionario Castellano - Gallego que aspiraba a chegar ás 40.000 entradas e que quedou interrompido na voz "agarraderas" pola sublevación do 18 de xullo de 1936. Este dicionario frustrado publicouse por fascículos na revista Galicia en Madrid durante os anos 1935 e 1936, nos números 37 a 42. Perdeuse o resto do material lexicográfico que puido facer Llópiz.
Pero a súa obra fundamental é un Refraneiro que presentou en 1955 nun Concurso de Refraneiros Galegos convocado pola editorial Biblióficos Gallegos Creada en Santiago en 1948 por Filgueira Valverde e Sánchez Cantón. A editorial xa convocara este concurso en 1952, ó que se presentara Llópiz e outros tres traballos, pero o premio foi declarado deserto por falta de sistema na recollida dos materiais., concurso que ganou con este traballo. Ferro Ruibal considérao "o maior tesouro paremiolóxico galego" Xesús Ferro Ruibal, Cadernos de Fraseoloxía Galega 8, 272., o que non impide que se conserve inédito -e incompleto- nos arquivos do Museo de Pontevedra, salvo o primeiro fascículo, sobre a apicultura e baixo o título "La abeja en la paremiología", que foi publicado no Boletín de la Real Academia Gallega Ano 49, tomo 26, números 305-308, decembro de 1955, px. 107-130. Neste Boletín o autor aparece erroneamente baixo o nome de L. V. López M. Esperante.
O devandito manuscrito inédito consta de 2.000 folios a dobre columna e recolle máis de 40.000 refráns.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados na provincia de Buenos Aires Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1965 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega