José González-Sama García, nado en Sama (Langreu) o 5 de abril de 1916Biografía en ABC e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1986Necrolóxica en ABC, foi un avogado e político asturiano.

Traxectoria Na Guerra civil uniuse á Columna galega que participou na toma de Oviedo por parte do bando sublevado. Traballou na Vicesecretaría de Organización Social, foi Xefe de Servizos Provinciais de Abastecimentos, Secretario Asesor Sección Social do Sindicato Nacional de Industrias Químicas e Secretario Nacional de Información de FET y de las JONS. Foi procurador en Cortes pola Organización Sindical (1946-1967), gobernador civil de Tarragona (1951-1961), Pontevedra (1961-1964) e Zaragoza (1964-1969). Despois foi presidente da Xunta directiva da Federación Española Sindical de Armadores de Buques de Pesca.

Vida persoal Casou con Isabel Asenjo Escosura.

Notas

Categoría:Gobernadores civís de Tarragona Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Gobernadores civís de Zaragoza Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Langreu Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades sen imaxes