Blue Jeans foi unha banda galega de pop rock fundada no ano 2007.

Traxectoria No 2008 gravaron a súa primeira maqueta Las palabras se las lleva el viento, coa que se lle abriu o camiño para tocar en salas e pubs da comarca e soar en varias radios locais. En 2009 presentaron a segunda maqueta Esto es Blue Jeans, con este traballo conseguiron tocar en varios festivais con grupos de sona, así como tocar antes de Iván Ferreiro, Zenttric ou NoWayOut. Neste mesmo ano foron seleccionados na sección de mellor maqueta no concurso Maketón Estrella Galicia de Los 40 Principales. En 2012 saíu á venda o seu primeiro disco Estereotipos cos seus videoclips de presentación "Despierta" e "Tuentichat", neste mesmo ano foron uns dos gañadores do certame Novos Valores Cidade de Vigo organizado polo colectivo Malaherba. En 2013 foron de novo seleccionados á mellor maqueta no concurso Maketón.

Son uns dos grupos referentes na movida viguesa do século XXI. 

Notas

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de pop rock