Józef Teofil TeodorowiczOs armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco. (en ; en ), nado o 25 de xullo de 1864 en Zhyvachiv (hoxe Ucraína) e finado o 4 de decembro de 1938 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv dende 1901 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu o 25 de xullo de 1864 en Zhyvachiv, unha vila na rexión histórica da Pokuttia; a vila hoxe pertence ao distrito de Tlumach, na rexión de Ivano-Frankivsk. Era fillo de familia nobre caxuba, fillo de Grzegorz, da familia Tesmer, e de Gertruda, da familia armenia dos Ohanowiczów. Logo de completar a súa formación en Stanislaviv, comezou a estudar Dereito na Universidade de Chernivtsi. Alí experimentou unha crise de fe, e logo de superala deixou os estudos para ingresar no seminario de Lviv.
O 26 de decembro de 1886 foi ordenado diácono, e o 9 de xaneiro de 1887 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Izaak Mikołaj Isakowicz. Inicialmente exerceu o seu ministerio como párroco en Berezhany.
Logo do pasamento de Isakowicz, Teodorowicz foi elixido o 24 de setembro de 1901 arcebispo de Lviv, e foi confirmado o 16 de decembro. Recibiu a consagración episcopal o 2 de febreiro do ano seguinte, de mans de Jan Maurycy Pawel Puzyna z Kosielsko, bispo latino de Cracovia, e tivo como co-consagradores aos outros ordinarios católicos de Lviv: Józef Bilczewski, arcebispo de Lviv dos latinos, e Andrei Sheptytskyi, metropolita de Lviv dos ucraínos.
Como arcebispo, preocupouse pola falta de vocacións nativas na súa diocese, polo que favoreceu a incorporación de sacerdotes latinos, así como de armenios procedentes de Oriente Medio. Asumiu tamén o coidado e promoción das institucións arquidiocesanas, entre elas o mosteiro de monxas bieitas de Lviv e a Unión dos Armenios de Polonia. Entre 1908 e 1930 dirixiu a renovación da catedral armenia de Lviv, na que traballaron Jan Henryk Rosen e Józef Mehoffer.
Finou o 4 de decembro de 1938 en Lviv
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Archbishop Józef Teofil Teodorowicz
Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados na rexión de Ivano-Frankivsk Categoría:Finados en 1938 Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia Categoría:Arcebispos católicos de Polonia Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína