Qatar nunca participou no Festival de Eurovisión. Qatar Radio é na actualidade un membro asociado da UER, mentres que tódolos participantes son membros de pleno dereito da UER. A canle fixo público o seu desexo de ser membro de pleno dereito o 12 de maio de 2009, para poder facer de Qatar un país participante no festival.
Qatar participou de forma pasiva no Festival de Eurovisión 2009, onde a canle Qatar Radio enviou unha delegación ao festival e creou un espectáculo semanal chamado "12pointsqatar" adicado a Eurovisión.
Notas
Categoría:Festival de Eurovisión Categoría:Qatar