Cirilo I (en ), nado como Vladimir Mikhailovich Gundiaev () o 20 de novembro de 1946 en Leningrado, é un bispo ortodoxo ruso, dende o 1 de febreiro de 2009 patriarca de Moscova. Traxectoria Naceu en Leningrado o 20 de novembro de 1946. Ao rematar a educación secundaria ingresou no seminario de Leningrado, e posteriormente na Academia Teolóxica de Leningrado, onde se graduou en 1970.

O 1 de xuño de 1969 foi ordenado hieromonxe polo metropolita de Leningrado e Novgorod Nikodim Rotov.

O 12 de setembro de 1971 foi elevado a arquimandrita, e nomeado representante ortodoxo ruso no Consello Mundial de Igrexas, en Xenebra.

O 14 de marzo de 1976 foi consagrado bispo, e pasou a ser o vigairo da eparquía de Leningrado. Posteriormente foi nomeado metropolita de Smolensk e Kaliningrado

O 27 de xaneiro de 2009 o Sínodo da Igrexa Ortodoxa Rusa elixiuno patriarca de Moscova, e foi entronizado o 1 de febreiro] seguinte.

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Patriarcas de Moscova Categoría:Bispos ortodoxos de Rusia