Os arcelínidos (Arcellinida) ou amebas testadas lobosashttp://www.microscopy-uk.org.uk/mag/artjun03/gsamoebae.html Testate amoebae, peat bogs and past climates. accessed 16 march 2007 son eucariotas unicelulares que están parcialmente encerrados nunha testa ou cuncha.

As amebas testadas arcelínidas atópanse comunmente en solos, follas caídas, turbeiras e en augas doces. Utilizan os seus pseudópodos, expansións temporais da célula, para moverse e capturar os alimentos. Como a maioría das amebas, crese que se reproducen asexualmente por fisión binaria, pero revisións recentes considérase que o máis común nos arcelínidos e nas amebas en xeral é a recombinación sexual.

Testa ou cuncha As testas simples destes microorganismos están feitas ou ben por secrecións (testas autóxenas) ou ben por aglutinación de material externo (testas xenóxenas), ou ás veces por unha combinación de ambas. Os cambios ambientais pasados poden ser determinados analizando a composición de testas fósiles, e a reconstrución de cambios climáticos do pasado.

Historia evolutiva

Os fósiles de amebas arcelínidas testadas están datados desde o período crioxeniano do Neoproterozoico.Porter, S.A., and Knoll, A.H. (2000) Testate amoeba in the Neoproterozoic Era: evidence from vase-shaped microfossils in the Chuar Group, Grand Canyon: Paleobiology 26 (3): 360-385. Ver tamén Cryogenian

Teorízase que as amebas testadas are son na maioría dos seus grupos polifiléticas (proceden de máis dun tipo ancestral), pero o grupo das testaceafilosea, crese que se orixinaron a partir dun só tipo ancestral (monofiléticas). As testas antigas de especies terrestres atópanse xeralmente en ámbar fosilizado, aínda que un importante estudo novo atopou amebas testadas do Cretáceo medio (Difflugia, Cucurbitella) en antigos sedimentos lacustres. É probable que o grupo evolucionase minimamente durane o curso do Fanerozoico.

Clasificación

O grupo contén os seguintes taxons (pero a lista debe ser actualizada baseándose en datos de Adl et al. 2012),:Ralf Meisterfeld: Arcellinida, In: John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Vol. 2, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-23-9, pp. 827-860

Arcellina Arcellidae Arcella Pyxidicula Antarcella Microchlamyiidae Microchlamys Microcoryciidae Microcorycia Diplochlamys Parmulina Zonomyxa Penardochlamys Difflugina Heleoperidae Awerintzewia Heleopera Difflugiidae Difflugia Swabia Pentagonia Maghrebia Zivkovicia Lagenodifflugia Pontigulasia Cucurbitella Suiadifflugia Sexangularia Hyalospheniidae Hyalosphenia Leptochlamys Nebelidae Physochila Argynnia Nebela Alocodera Schoenbornia Certesella Porosia Apodera Lesquereusiidae Lesquereusia Netzelia Pomoriella Quadrulella Microquadrula Paraquadrulidae Paraquadrula Lamtoquadrula Centropyxidae Centropyxis Proplagiopyxis Centropyxiella Plagiopyxidae Bullinularia Geoplagiopyxis Protoplagiopyxis Paracentropyxis Plagiopyxis Hoogenradia Planhoogenradia Trigonopyxidae Trigonopyxis Cornuapyxis Cyclopyxis Geopyxella Ellipsopyxis Ellipsopyxella Distomatopyxidae Distomatopyxis Lamtopyxidae Lamtopyxis Phryganellina Phryganellidae Phryganella Cryptodifflugiidae Cryptodifflugia Wailesella

incertae sedis: Geamphorella Jungia Oopyxis Pseudawerintzewia Pseudonebela

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ISTAR, International Society for Testate Amoeba Research Tree of Life: Arcellinida Un artigo de G. T. Swindles Protozoa: As amebas testadas BioImages: A guía de campo virtual - TESTACEA (amebas testadas) Imaxes de amebas testadas Páxinas das Thecamebas da Fundación Cushman

Categoría:Amebozoos