"Amanecer" é un sinxelo da cantora española Edurne, dentro do seu sexto álbum de estudio. A canción representou a España (TVE) no Festival de Eurovisión 2015 o 23 de maio.
A canción foi anunciada o 14 de xaneiro de 2015 nunha rolda de prensa de RTVEEdurne irá a Eurovisión con el tema "Amanecer" como a que representaría a España no Festival de Eurovisión 2015, elixida internamente. A canción foi gravada en castelán e producida polo coñecido compositor Tony Sánchez-Ohlsson, quen fixo cancións para o festival como "Quédate conmigo" de Pastora Soler.
A estrea da canción e do videoclip foi en marzo de 2015.
Notas
Categoría:Cancións de España en Eurovisión