Jonathan de Amo Pérez, nado en Barcelona o 13 de xaneiro de 1990, é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa central.
Traxectoria
Formado nas categorías inferiores do UE Cornellà comezou a xogar profesionalmente no UE Sant Andreu, de onde pasou ao Racing de Santander B no ano 2010, porén no 2011 foi cedido ao Ontinyent CF e finalmente traspasado ao RCD Espanyol B ao ano seguinte. En Barcelona xogou un ano, fichando despois polo Widzew Łódź da primeira división de Polonia.
No ano 2014 fichou polo Celta de Vigo para xogar no filial durante dúas tempadas e outras tres opcionais no primeiro equipo.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do UE Sant Andreu Categoría:Xogadores do Racing de Santander B Categoría:Xogadores do Ontinyent CF Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Widzew Łódź Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo