O alfabeto Protocananeo o abjad lineal (i.e., non-cuneiforme) de sobre vinte glifos acrofónicos. Atópase en textos levantinos da Idade de Bronce final, convencionalmente datada no -1050. A través do seu exitoso sucesor fenicio, converteuse no devanceiro de case todos os alfabetos usados hoxe, desde o grego, o hebreo, o latino e o Tifinagh no oeste ata o Thai ou o mongol.
Descubríronse predecesores, posibelmente aínda en parte logográficos, en Exipto central en 1905 e 1999 (ver alfabetos da Idade de Bronce Medio). Estas antigas escrituras puideron ter máis letras das que logo se atoparon, e puideron tamén incluír variantes das letras (letras diferentes que podían usarse para expresaren o mesmo fonema).
Os nomes das letras, que sobreviven nos alfabetos grego e hebreo, probabelmente xa existían. Os nomes están baseados nun principio acrofónico, presumibelmente a partir de traducións semíticas dos nomes dos xeroglíficos exipcios. Por exemplo, o exipcio nt (auga) converteuse no semítico mu (auga), evolucionando finalmente no latín M, mentres que o exipcio drt (man) se volveu semítico kapp (man), e finalmente no latín K.
A orde das letras neste alfabeto énos descoñecida; o alfabeto ugarítico, que aínda que emprega signos cuneiformes, estaría relacionado con el ten dúas ordes alfabéticas: unha orde ABCD similar á nosa, e outra HLĦM, tamén testemuñada no alfabeto surarábigo e os alfabetos Ge'ez.
A continuación ofrecemos unha reconstrución de vinte das letras, baseada nos sucesores mellor testemuñados (o fenicio e o surarábigo), xunto cos descendentes latinos destas.
[ʾ] ʾalp "boi" (A) [b] bet "casa" (B) [g] gaml "búmerang" (C, G) [d] digg "peixe" (D) [h] haw / hll "xúbilo" (E) [w] waw "gancho" (F, U, V, W, Y) [z] zen /ziqq "grillón" (Z) [ḥ] ḥet (H) [ṭ] ṭēt (Θ) "roda" [y] yad "brazo" (I, J) [k] kap "man" (K) [l] lamd "aguillada" (L) [m] mem "auga" (M) [n] naḥš "serpe" (N) [s] samek "peixe" [ʿ] ʿen "ollo" (O) [p] piʾt "esquina" (P) [ṣ ] ṣad "planta" [q] qup (Q) [r] raʾs "cabeza" (R) [š] šimš "sol, o Uraeus" (S) [t] taw "sinatura" (T)
Protocananeo Fenicio valor e nome Descendentes50px50px "boi" א Α A ا50px50px bet "casa"ב Β B ب50px50px gaml "búmerang"ג Γ C-G ج50px 50px50px digg "peixe"ד Δ D ذ-د50px50px haw / hll "xúbilo"ה Ε E ه Є50px50px waw "gancho"וϜ-ΥF-U-V-W-Y و50px50px zen /ziqq "esposas"ז Ζ Z ز З50px50px "patio"ח Η H خ-ح37px50px; "roda"ט Θ ظ-ط Ѳ50px50px yad "brazo"י Ι I-J ي50px50px kap "man"כ Κ K ك50px50px lamd "aguillada"ל Λ L ل50px50px mem "auga"מ Μ M م50px50px "serpe"Nun Ν N ن50px 30px50px samek "peixe"ס Ξ X Ѯ50px50px "ollo"ע Ο O غ-ع50px50px "curva"פ Π P ف10px 28px50px "planta"צ ϻ ص-ض ц50px50px qup "mono"ק Ϙ Q ق Ҁ50px50px "cabeza"ר Ρ R ر50px50px šimš "sol, o Uraeus"ש Σ S ش-س Ш50px50px taw "sinatura"ת Τ T ث-ت
Literatura
Ouaknin, Marc-Alain; Bacon, Josephine: Mysteries of the Alphabet: The Origins of Writing.Abbeville Press.1999. ISBN 0-7892-0521-1 Cross, F.M. (1979) The Invention and Development of the Alphabet in Senner, Frank (ed.) The Origins of Writing. Lincoln: University of Nebraska Press Diringer, David e Freeman, Hilda (1983) A History of the Alphabet. Headley: Gresham Books. Healey, John. (1990) The Early Alphabet. Londres: British Museum. Neveh, Joseph. (1982) The Early History of the Alphabet. Leiden: E.J. Brill.
Véxase tamén Outros artigos Alfabeto Abjad Alfabetos da Idade de Bronce Media (incluíndo o sinaítico) silabario de Biblos Alfabeto ugarítico Alfabeto surarábigo Alfabeto fenicio xeroglíficos exipcios
Ligazóns externas http://www.crystalinks.com/phoenician.html
Categoría:Alfabetos