Alfa-taxilina (TXLNA) é o nome que se lle dá actualmente á proteína reguladora tamén coñecida como interleucina-14 (IL-14 ou IL14) ou factor de crecemento das células B de alto peso molecular (HMW-BCGF), que nos humanos está codificada no xene TXLNA do cromosoma 1.
A alfa-taxilina ou IL-14 é unha citocina que controla o crecemento e a proliferación de células B tanto normais coma cancerosas. A alfa-taxilina ou IL-14 induce a proliferación de células B, inhibe a secreción de anticorpos por estas células, e expande os subgrupos de células B seleccionados. Esta interleucina é producida principalmente polas células T e certas células B malignas.
Xene
No rato prodúcense dous transcritos distintos das febras opostas do xene il14 que se denominan IL-14α e IL-14β.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Beta-taxilina
Bibliografía
Categoría:Citocinas