Jaume Sanllorente i Trepat, nado en Barcelona o 9 de xullo de 1976, é un periodista catalán. Estudou periodismo na Universidade Ramon Llull e especializouse en periodismo económico. Actualment dirixe a fundación Sonrisas de Bombay, da cal é fundador e dedica os seus esforzos a axudar ós desfavorecidos da India.
Despois de traballar durante varias anos no eido da prensa económica, como delegado en Cataluña da revista Comercio Exterior, marchou de vacacións no 2003 á India por primeira vez, onde quedou abraiado coa pobreza e a vulnerabilidade dos cativos nas rúas de Bombai.ABC.es Entrevista con Jaume Sanllorente no "II Congreso de jóvenes con valores".
Despois de coñecer un pequeno orfanato que ía pechar por razóns económicas, Jaume Sanllorente decidiu deixar o seu traballo e a súa vida en Barcelona e trasladarse a Bombai, onde funda a ONG Sonrisas de Bombay. Esta ONG puxo en marcha proxectos para axudar ás comunidades máis desafavorecidas de Bombai, entre os que destacan un orfanato, dúas escolas e diversos programas para doentes de lepra e para os seus fillos, sumando en total máis de 5.000 beneficiats d'entre els carrers de Bombai.
O labor de Sanllorente valeulle a distinción de ocupar as primeiras páxinas do Times of India, e obter o recoñecemento de numerosas entidades de ámbito internacional. A entidade médica india Bombay Leprosy Project designouno no 2008 "Embaixador perante o Mundo".Europa Press
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista con Jaume Sanllorente no programa Siluetas (RNE)
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1976 Categoría:Alumnos da Universidade Ramon Llull