Santa Uxía de Fao é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Touro, na comarca de Arzúa, en Galiza. Segundo o IGE en 2012 tiña 202 habitantes (101 homes e 101 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

Xeografía Polo leste linda co río Lañas que se dirixe ao Ulla separándoo da parroquia de Santiso de Cornado; polo oeste atópase co dito río Ulla, con Ribeira e cun anaco da parroquia Loxo; ao sur está Novefontes, e Fao toca un cacho o río Ulla tamén; e ao norte encóntrase con Touro.

Patrimonio Muíños da Carballa. Muíño de Quintas. Muíño do Inferniño. Muíños do Crego. Muíños da Ruta. Muíño dos Ferreiros. Pazo de San Cristovo. Lavadoiro de Manuel Mato na agra de Vilariño. Hórreo do Crego.

Festas O Entroido de Fao celébrase o martes de Entroido pola tarde, con máscaras e xenerais do Ulla montados a cabalo, ao igual que acontece noutros puntos limítrofes con Fao, mais que en cada lugar ten a súa particularidade.

Lugares e parroquias Lugares de Fao

Parroquias de Touro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Touro

Categoría:Parroquias de Touro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Uxía