Serafín Pazo Cumbraos, nado na Estrada o 3 de maio de 1828 e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1907, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel Pazo Rodríguez. Estudou o Bacharelato en Santiago de Compostela. En 1854 obtivo o título de licenciado en Medicina e Cirurxía. Estableceuse como médico na Estrada e foi coñecido por aplicar por primeira vez a medicina contra a rabia e loitar contra o cólera. Popular como orador, foi concelleiro e deputado provincial. miniatura|Necrolóxica. Recoñecementos
O Concello da Estrada acordou poñerlle o seu nome a antiga rúa Consolación en maio de 1907.Galicia, 2-6-1907, p. 6. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Médicos da Estrada Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1828 Categoría:Finados en 1907 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela