O Gran Premio de San Marino de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 25 de abril de 1982 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .

A carreira estivo marcada polo boicot de moitos equipos como parte dunha guerra política, non relacionado co evento en se, que involucraba as dúas forzas dominantes dentro do deporte, a FISA e a FOCA, o que provocou que a grella para esta carreira fora só de 14 coches. Foi a derradeira carreira de Gilles Villeneuve, xa que morreu na seguinte carreira en Bélxica.

Resumo

Nunha decisión relativa ao Gran Premio do Brasil de 1982, Nelson Piquet e Keke Rosberg foron excluídos polo uso nos seus vehículos de tanques de auga de lastre para mantelos baixo o límite de peso durante a carreira. Seguiu unha protesta inmediata da Asociación de Construtores de Fórmula Un (FOCA), e nunha decisión que sucedeu logo do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos decidiuse que a seguinte carreira sería boicoteada, a carreira era Imola.

Aínda que a maioría dos equipos aliñados na FOCA, como Brabham, McLaren, Williams e Lotus boicotearon a carreira, catro equipos Tyrrell, Osella, ATS e Toleman, romperon o boicot e participaron na carreira.

Incluso coa participación destes equipos ao comezo da carreira, só había 14 participantes no Gran Premio de San Marino, dos cales só os Ferrari e Renault eran considerados equipos competitivos. Isto non desanimou aos tifosi, talvez ata o contrario, xa que melloraban as posibilidades de Ferrari, e o lugar estaba cheo de espectadores.

Malia os Renault de René Arnoux e Alain Prost cualificaron 1º e 2º, os seus coches fallaron na carreira deixando a Ferrari ocupando as dúas primeiras posicións con Gilles Villeneuve e Didier Pironi liderando. O terceiro clasificado, o Tyrrell de Michele Alboreto quedou atrás, polo que Ferrari ordenou aos seus pilotos reducir a velocidade para minimizar o risco dunha falla mecánica ou quedar sen combustible. Villeneuve creeu que esta orde tamén significaba que os coches mantiveran a posición na pista, con Villeneuve por diante de Pironi. Pero, Pironi pensou que os coches estaban libres para disputar a carreira, e pasou a Villeneuve. Villeneuve creeu que Pironi simplemente estaba tratando de darlle vida a unha carreira doutro xeito aburrida, e debidamente volveu a pasar ao seu compañeiro de equipo, asumindo que logo manterían a posición para o resto da carreira. Así, Villeneuve non protexeu á liña interior ao entrar na curva Tosa na última volta, e Pironi pasoulle para levarse a vitoria. Villeneuve enfureceuse ante o que viu como unha traizón de Pironi, aínda que a opinión dentro do equipo Ferrari dividiuse sobre o verdadeiro significado da orde de reducir a velocidade. A expresión de Villeneuve era hosca no podio, enfurecido pola acción de Pironi. Foi citado despois dicindo: "Nunca volverei a falar con Pironi de novo na miña vida." Demostraron ser palabras proféticas, xa que aínda non se falaba co seu compañeiro de equipo cando morreu durante a cualificación para o Gran Premio de Bélxica, dúas semanas despois.

Manfred Winkelhock foi descualificado pola falta de peso do seu coche na verificación técnica posterior á carreira.

Malia que a maior parte dos equipos aliñados na FOCA boicotearon a carreira foi válida para o campionato do mundo. Isto foi causa de discordia cos equipos FOCA xa que as dúas anteriores carreiras boicoteadas celebradas durante a guerra (o Gran Premio de España de 1980 e Gran Premio de Suráfrica de 1981), foran declaradas fóra de campionato e non contaron para o campionato nin para os rexistros oficiais.

Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Volta Diferenza 1 16 René Arnoux Renault 1:29.765 — 2 15 Alain Prost Renault 1:30.249 + 0.484 3 27 Gilles Villeneuve Ferrari 1:30.717 + 0.952 4 28 Didier Pironi Ferrari 1:32.020 + 2.255 5 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:33.209 + 3.444 6 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:33.230 + 3.465 7 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 1:33.397 + 3.632 8 35 Derek Warwick Toleman-Hart 1:33.503 + 3.738 9 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:34.336 + 4.571 10 36 Teo Fabi Toleman-Hart 1:34.647 + 4.882 11 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 1:35.262 + 5.497 12 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 1:35.790 + 6.025 13 32 Riccardo Paletti Osella-Ford 1:36.228 + 6.463 14 10 Eliseo Salazar ATS-Ford 1:36.434 + 6.669

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 28 Didier Pironi Ferrari 60 1:36:38.887 4 9 2 27 Gilles Villeneuve Ferrari 60 + 0.366 3 6 3 3 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 60 + 1:07.684 5 4 4 31 Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 59 + 1 volta 9 3 5 10 Eliseo Salazar ATS-Ford 57 + 3 voltas 14 2 DSC 9 Manfred Winkelhock ATS-Ford 54 Descualificado 12 NC 36 Teo Fabi Toleman-Hart 52 Non clasificado 10 Ret 16 René Arnoux Renault 44 Turbo 1 Ret 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 24 Motor 6 Ret 32 Riccardo Paletti Osella-Ford 7 Suspensión 13 Ret 15 Alain Prost Renault 6 Motor 2 Ret 22 Andrea de Cesaris Alfa Romeo 4 Eléctrico 7 Ret 4 Brian Henton Tyrrell-Ford 0 Transmisión 11 Ret 35 Derek Warwick Toleman-Hart 0 Eléctrico 8

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 18 2 Niki Lauda 12 3 Didier Pironi 10 4 Michele Alboreto 10 5 Keke Rosberg 8

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Renault 22 2 McLaren-Ford 20 3 Ferrari 16 4 Williams-Ford 14 5 Tyrrell-Ford 10

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Gran Premio de San Marino de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1982