miniatura|Hermida en xullo de 2009. José Antonio Hermida Ramos, nado en Puigcerdà o 24 de agosto de 1978, é un ciclista de montaña galego-catalán, especialista en campo a través. Proclamouse campión do mundo no ano 2010, campión de Europa en 2002, 2004 e 2007, e participou en cinco Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016), logrando unha medalla de prata en Atenas."El català José Antonio Hermida, campió del món de BTT" , artigo en El Periódico de Catalunya, 5 de setembro de 2010 .

Traxectoria Naceu no concello catalán de Puigcerdà, sendo fillo de dous emigrantes galegos, a nai de Tioira, Maceda, e o pai de Baños de Molgas. Na súa infancia pasou tempadas na aldea de Meamán, onde andaba en bicicleta polas corredoiras e montes do lugar. En 1996 foi campión do mundo júnior de ciclismo de montaña, e no ano 2000 campión do mundo sub-23.

Participou nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, rematando ás portas das medallas, ao acabar a proba de campo a través na cuarta posición. Ao ano seguinte conseguiu a prata na Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña, mesmo resultado que repetiu en 2005, 2007 e 2009. Ademais foi campión de Europa nos anos 2002, 2004 e 2007.

Nos Xogos Olímpicos de Atenas conseguiu a medalla de prata por detrás do francés Julien Absalon e por diante do neerlandés Bart Brentjens. Foi campión de España de ciclocrós en 2007 e 2008, mentres que na seguinte cita olímpica, Pequín 2008, só puido ser décimo. Dous anos despois proclamouse campión do mundo de campo a través, ao impoñerse na proba celebrada no Quebec ao checo Jaroslav Kulhavý e ao surafricano Burry Stander.

Volveu quedar preto das medallas nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, rematando cuarto, a só catro segundos do bronce do italiano Marco Aurelio Fontana. En 2016 participou nos seus quintos Xogos, os de Río de Xaneiro, onde só puido ser 16º, e pouco despois anunciou a súa retirada da alta competición.

Ten contribuído ao impulso do ciclismo de montaña na provincia de Ourense, colaborando en diversos proxectos, como a escola de ciclismo de Maceda que leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial Datos do ciclista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional . Datos do ciclista en olympedia.org .

Categoría:Ciclistas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Puigcerdà Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España