Fredebaldo ou Fridibaldo (fl. 409-417), tamén coñecido como Fredebal, Fredbal ou Fredbalus, foi rei dos vándalos silingos na Bética, dende antes do 411 e ata o 417. Fredebaldo liderou ós silingos durante a repartición da Hispania do 411, e foilles concedida a Bética, a provincia máis fértil. Pouco se sabe dos anos seguintes, até que no 417 foi derrotado militarmente e capturado polas forzas do rei visigodo Walia, quen o enviou á corte do emperador Flavio Honorio, en Rávena. Descoñécese o seu destino posterior e a data do seu falecemento, así como a súa descendencia, se a tiver.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Vándalos Silingos Reis dos vándalos e dos alanos

Categoría:Reis dos vándalos