Crocuta é un xénero de mamíferos carnívoros pertencente á familia dos hiénidos.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1828 polo zoólogo e paleontólogo alemán Johann Jakob Kaup.Wlison & Reeder (2005); Mammal Species of the World.Oken's Isis. Encyclop. Zeit, 21 (11): column 1145.

Na actualidade, o xénero Crocuta comprende tan só unha especie: Crocuta crocuta (Erxleben, 1777) - a hiena pinta

á que e engaden as seguintes especies extintas: †Crocuta macrodonta †Crocuta eximia †Crocuta honanensis †Crocuta dietrichi

Etimoloxía O nome científico Crocuta pensouse durante moito tempo que derivava do barbarismo latino crocutus, que se traduciría como "de cor azafrán", en referencia á cor da pel da hiena. Pero demostrouse que isto era incorrecto, porque a ortografía correcta deste estranxeirismo sería crocāta, e esta palabra nunca foi utilizada nese sentido polas fontes grecorromanas.

Crocuta en realidade provén da palabra do grego antigo κροκόττας (krokóttas), que deriva do sánscrito koṭṭhâraka, que á súa vez vén de kroshṭuka (que orixinalmente significaba "chacal dourado)".

A mención máis antiga rexistrada de crocotta / κροκόττας procede da Xeografía, de Estrabón, onde o animal (a hiena pinta) descríbese como unha mestura de lobo e o can nativo de Etiopía.Funk, Holger (2010): Hyaena: On the Naming and Localisation of an Enigmatic Animal München: GRIN Verlag. ISBN 3-640-69784-7.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Carnívoros Feliformes Hiena

Categoría:Hiénidos