miniatura|Bandeira do Kirguizistán. miniatura|Carro militar incendiado por civís en Bixkek. miniatura|Manifestantes invadindo a Casa Branca. A revolta de Kirguizistán de 2010 foi un conxunto de manifestacións públicas que provocaron o derrocamento do goberno de Kirguizistán o 7 de abril de 2010. Os manifestantes dirixían os seus ataques contra o presidente Kurmanbek Bakiyev, que declarou estado de emerxencia no norte do país e na capital, Bixkek, antes de fuxir para Jalal-Abad (actual Manas).The Guardian – Kyrgyzstan capital bloodied, looted and chaotic after overthrow of Bakiyev

Alén dos conflitos na capital, que acabou coa morte de cerca de 40 persoas, tamén no inerior do país houbo revoltas. O día 8, o número ascendeu a 75 mortos e 400 feridos, segundo datos oficiais.

A noite do día 7 reportouse a fuxida do presidente Bakiyev cara a cidade sureña de Osh. Mentres que na capital, os líderes opositores instalaron un goberno provisional liderado por Rosa Otunbáeva, que controlaba case todo o país excepto as provincias de Osh e Jalal-Abad, que estaban baixo o control de Bakiyev.

O 11 de abril, o goberno dos Estados Unidos de América recoñeceu o goberno provisional como a nova autoridade nacional. O 15 de abril, Bakiyev dimitiu e fuxiu do país.

Notas

Categoría:Kirguizistán Categoría:Revolucións Categoría:2010 Categoría:Rebelións