Manuel Rodríguez de Castro, finado en Monforte de Lemos en marzo de 1895, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Avogado, foi contador de arbitrios de Amortización de Monforte de Lemos. Durante o Sexenio Democrático foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte nas eleccións de 1871 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de abril de 1872. Foi presidente do Comité constitucional de Monforte de Lemos en 1874.Gaceta de Madrid, 16-5-1874, p. 426. Na Restauración foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte nas eleccións de 1876.BOP Lugo, 3-2-1876, p. 2. Volveu presentarse polo mesmo distrito nas eleccións de 1879, pero foi derrotado por Antonio Guitián García. Finou en Monforte de Lemos en marzo de 1895.Gaceta de Galicia, 14-3-1895, p. 2.

Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en 1895