Alemaña participou en todos os Festivais de Eurovisión desde o seu inicio en 1956, salvo na edición de 1996. É o país con máis representacións en toda a historia do Festival da canción. Francia e o Reino Unido están preto, faltando a só dúas edicións cada un. Tamén se atopa bastante cerca España que empezou a concursar en 1961 e desde entón non faltou nunca.
Aínda que os participantes alemáns tiveron un éxito limitado (Alemaña só gañou o festival dúas veces), o interese público mantense alto e o festival é un dos eventos máis vistos en cada ano.
En anos recentes, Alemaña destacou pola súa adopción de estilos musicais non tan típicos co que poida asociarse normalmente a Eurovisión, tales como o country (Texas Lightning - Non Non Never en 2006), o swing (Roger Cicero - Frauen regier'n die Welt en 2007) ou o electropop (Lena - Taken by a stranger en 2011).
En 34 veces estivo no TOP-10 e só en 5 veces, Alemaña foi última (sen ter en conta a súa eliminación na rolda de clasificación en 1996).
Historia Festival de 1982 A 1ª ganadora foi a estrela adolescente Nicole en 1982, que interpretou Ein bißchen Frieden, escrita por Ralph Siegel. A canción mantívose no número un da Lista de Popularidade alemá por cinco semanas e permaneceu entre as dez cancións máis populares por outras dezaseis. O festival tivo lugar no Reino Unido e Nicole gañou con 161 puntos, unha marxe de 61 puntos sobre o segundo lugar, ocupado po Avi Toledano de Israel. Siegel escribiu 12 das cancións interpretadas por cantantes alemáns, incluíndo "I can't live without music" en 2002 e "Let's get happy" en 2003.
Festival de 1996 1996 foi o único ano no que Alemaña non acudiu ao Festival. Debido á gran cantidade de participantes en 1996, tívose que realizar unha criba de países por parte da organización en base á calidade dos temas. Malia que non se teñen datos oficiais sobre a súa realización, Alemaña quedou con 24 puntos, a 2 da última clasificada Finlandia, polo que non puido participar. O seu tema era "Blauer Planet", interpretado por Leon.
Festival de 1998: Guildo Horn O punto máis elevado do festival en Alemaña pode ser a versión de 1998. Guildo Horn comezou a súa campaña para ser nomeado como un cantante controvertido polo seu estilo. Foi criticado pola súa falta de seriedade e a súa imaxe. Con todo, a opinión pública pronto cambiou e Horn gañou a preselección alemá con máis do 60% dos votos. Achegándose o Eurovisión a "Guido-mania" estendeuse aínda máis a través de Alemaña e o evento foi material de primeira páxina ata a data do festival. Horn fíxose destacar tamén noutros países e a controversia que atopara en Alemaña rexurdiu a través de Europa.
Horn interpretou xunto a súa banda, Orthopädischen Strümpfe, cantando Guildo hat Euch lieb!, escrita por Stefan Raab. Aínda que o sétimo lugar foi decepcionante para moitos en Alemaña, foi un resurgimiento para o Eurovisión no país e foi o comezo para catro finais consecutivos entre os primeiros dez. Desde entón, Raab participou noutros dous Festivais. Dous anos logo de escribir "Guildo Hat Euch Lieb!", apareceu con "Wadde Hadde Dudde Da?", tema humorístico que interpretou o mesmo. Catro anos máis tarde, escribiu a canción de Max, "Can't Wait Until Tonight".
Festival de 2010: Lena Meyer-Landrut Alemaña conseguiu nesta edición a súa segunda vitoria no festival da man da nova Lena Meyer-Landrut.
O triunfo era moi esperado, tanto por alemáns como pola maioría dos europeos votantes, que vían como un país do "Big 4" levábase a casa o festival, fronte a candidaturas tan fortes como Grecia, Turquía ou os países do Leste, que adoitan copar o "top 10" nos últimos anos.
Gañou o certame con 246 puntos e o tema Satellite.
Votación de Alemaña 1975-2015 Alemaña deu os seus puntos na final a Posto País Puntos 1 180 2 170 3 Suecia 159 4 Francia 155 5 Irlanda 149 Alemaña deu os seus puntos a (final e semifinais) Posto País Puntos 1 208 3 189 2 180 4 159 5 155 Alemaña obtivo os seus puntos de: Posto País Puntos 1 224 2 177 3 168 4 162 5 161 Ano: 2014
Participantes Ano Sede Artista Canción Lugar Puntos1956 Lugano Walter Andreas Schwarz "Im Wartesaal zum großen Glück" – – Freddy Quinn "So geht das jede Nacht" – – 1957 Frankfurt Margot Hielscher "Telefon, Telefon" 4 8 1958 Hilversum Margot Hielscher "Für zwei Groschen Musik" 7 5 1959 Cannes Alice & Ellen Kessler "Heute Abend wollen wir tanzen geh'n" 8 5 1960 Londres Wyn Hoop "Bonne nuit ma chérie" 4 11 1961 Cannes Lale Andersen "Einmal sehen wir uns wieder" 13 3 1962 Luxemburgo Conny Froboess "Zwei kleine Italiener" 6 9 1963 Londres Heidi Brühl "Marcel" 9 5 1964 Copenhaguen Nora Nova "Man gewöhnt sich so schnell an das Schöne" 13 0 1965 Nápoles Ulla Wiesner "Paradies, wo bist du?" 15 0 1966 Luxemburgo Margot Eskens "Die Zeiger der Uhr" 10 7 1967 Viena Inge Brück "Anouschka" 10 7 1968 LondresWencke Myhre "Ein Hoch der Liebe" 6 11 1969 Madrid Siw Malmkvist "Primaballerina" 10 8 1970 Ámsterdan Katja Ebstein "Wunder gibt es immer wieder" 3 12 1971 Dublín Katja Ebstein "Diese Welt" 3 100 1972 Edimburgo Mary Roos "Nur die Liebe läßt uns leben" 3 107 1973 Luxemburgo Gitte "Junger Tag" 9 85 1974 Brighton Cindy & Bert "Die Sommermelodie" 14 3 1975 Estocolmo Joy Fleming "Ein Lied kann eine Brücke sein" 17 15 1976 A Haia Les Humphries Singers "Sing Sang Song" 15 12 1977 Wembley Silver Convention "Telegram" 8 55 1978 París Ireen Sheer "Feuer" 6 84 1979 Xerusalén Dschinghis Khan "Dschinghis Khan" 4 86 1980 A Haia Katja Ebstein "Theater" 2 128 1981 Dublín Lena Valaitis "Johnny Blue" 2 132 1982 Harrogate Nicole "Ein bißchen Frieden" 1 161 1983 Múnic Hoffmann & Hoffmann "Rücksicht" 5 94 1984 Luxemburgo Mary Roos "Aufrecht geh'n" 14 34 1985 Gotemburgo Wind "Für alle" 2 105 1986 Bergen Ingrid Peters "Über die Brücke geh'n" 8 62 1987 Bruxelas Wind "Laß die Sonne in dein Herz" 2 141 1988 Dublín Maxi & Chris Garden "Lied für einen Freund" 14 48 1989 Lausana Nino de Angelo "Flieger" 14 46 1990 Zagreb Chris Kempers & Daniel Kovac "Frei zu leben" 9 60 1991 Roma Atlantis 2000 "Dieser Traum darf niemals sterben" 18 10 1992 Malmö Wind "Träume sind für alle da" 16 27 1993 Millstreet Münchener Freiheit "Viel zu weit" 18 18 1994 Dublín Mekado "Wir geben 'ne Party" 3 128 1995 Dublín Stone & Stone "Verliebt in Dich" 23 1 1996 Oslo Leon "Planet of Blue"Non se clasificou 1997 Dublín Bianca Shomburg "Zeit" 19 22 1998 Birmingham Guildo Horn "Guildo hat Euch lieb!" 8 74 1999 Xerusalén Sürpriz "Reise nach Jerusalem - Kudüs'e seyahat" 3 140 2000 Estocolmo Stefan Raab "Wadde hadde dudde da?" 5 96 2001 Copenhaguen Michelle "Wer Liebe lebt" 8 66 2002 Tallin Corinna May "I Can't Live without Music" 21 17 2003 Riga Lou "Let's Get Happy 12 53 2004 Istanbul Max "Can't Wait Until Tonight" 8 93 2005 Kíiv Gracia "Run & Hide" 24 4 2006 Atenas Texas Lightning "No No Never" 15 36 2007 Helsinqui Roger Cicero "Frauen regier'n die Welt" 19 49 2008 Belgrado No Angels "Disappear" 23 14 2009 Moscova Alex Christensen e Oscar Loya "Miss Kiss Kiss Bang" 20 35 2010 Oslo Lena "Satellite" 1 246 2011 Düsseldorf Lena "Taken by a Stranger" 10 107 2012 Bakú Roman Lob "Standing Still" 8 110 2013 Malmö Cascada "Glorious" 21 18 2014 Copenhague Elaiza "Is It Right" 18 39 2015 Viena Ann Sophie "Black Smoke" 26 02016EstocolmoJamie-Lee Kriewitz''Ghost''2611 2017 Kíiv Levina «Perfect life» 25 6 2018 Lisboa Michael Schulte «You Let Me Walk Alone» 4 340
12 puntos Alemaña deu 12 puntos a...
Final Ano País Ano País Ano País Ano País 1975 1988 2001 2014 1976 1989 2002 2015 1977 1990 2003 1978 1991 2004 1979 1992 2005 1980 1993 2006 1981 1994 2007 1982 1995 2008 1983 1996 Non cualificado 2009 1984 1997 2010 1985 1998 2011 1986 1999 2012 1987 2000 2013 Final (2016 - ) Ano Xurado Televoto 2016 Israel Rusia 2017 Noruega Portugal 2018 Suecia Italia 2019
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Eurovisión Club Eurovisión Alemaña OGAE Alemaña Sitio oficial de FCE alemán
Categoría:Países participantes no Festival de Eurovisión Categoría:Música de Alemaña