Richard Lionel Clarke, nado o 25 de xuño de 1949 en Dublín, é un eclesiástico da Igrexa de Irlanda (Comuñón Anglicana), dende 2012 arcebispo de Armagh e primado de dita igrexa.
Traxectoria Estudou no Trinity College da Universidade de Dublín, e posteriormente no King's College de Londres. Foi ordenado diácono en 1975 e sacerdote en 1976. Exerceu o seu ministerio pastoral inicialmente en Holywood, durante dous anos, e posteriormente volveu a Dublín.
Foi elixido e consagrado bispo da diocese de Meath e Kildare en 1996. En 2012 foi elixido para suceder a Alan Harper como arcebispo de Armagh, e tomou posesión da sé o 15 de decembro de 2012.
Enviuvou en 2009. Ten dous fillos.
Notas
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Alumnos do Trinity College Dublin Categoría:Alumnos do King's College de Londres Categoría:Bispos anglicanos de Irlanda