Antonio Elizondo Cocolina, nado en Madrid o 2 de setembro de 1936, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Formado nas categorías inferiores do Real Madrid CF debutou na Segunda División no Racing de Santander, equipo no que militou tres tempadas. En 1960 volveu a Madrid para xogar no AD Plus Ultra, porén ao ano seguinte fichou polo Celta de Vigo, ao igual que o seu compañeiro de equipo Tellez. No equipo galego destapouse como un gran goleador sendo o máximo anotador do equipo, con 15 goles entre liga e copa. A pesar da súa boa actuación e sen que trascendera as razóns deixou o equipo despois desta primeira tempada, volvendo a xogar en Segunda División algún anos despois no CE Europa.

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1936 Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CE Europa