Francisco Reyes Santiás, nado en Manresa en 1961, é un economista e político galego.

Traxectoria Fillo do neurocirurxián Francisco Reyes Oliveros, é licenciado en dereito e doutor en EconómicasA súa tese foi Estudio económico-sanitario de las necesidades de equipamiento de alta tecnología médica en Galicia. Planificación (2004) UDC . Foi asesor económico da consellería de sanidade e profesor asociado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Economista do Servizo Galego de Saúde traballa como experto en avaliación económica na Unidade de Epidemioloxía e Investigación clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Formou parte das listas do PSdeG ao concello de Santiago nas eleccións de 2011 resultando elixido concelleiro, foi voceiro do grupo municipal socialista e no ano 2014 os militantes elixírono en primarias como o candidato á alcaldía de Santiago de Compostela.

Notas

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Manresa Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Economistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia