Mandariinid (en ; en ) é un filme xeorxiano-estoniano de 2013. Está dirixida, producida e escrita por Zaza Urushadze (Director de cinema e guionista xeorxiano). O filme leva unha mensaxe pacifista e examina realidades do tempo da guerra en canto ao sentido de como ser humano. Foi filmada en Guria, Xeorxia.
O filme foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios.
Sinopse A historia transcorre nunha vila rural de Abkhazia (Xeorxia) durante a guerra (1992-93) onde granxeiros estonianos viven nunha plantación de mandarinas. Cando a guerra comeza, moitos estonianos que vivían na vila volven a Estonia. Aínda así, dous homes estonianos, Ivo (Lembit Ulfsak) e Margus (Elmo Nüganen) seguen na vila para rematar a tempada de mandarinas. Mentres estanse a dedicar aos seus negocios, vense en medio da guerra cando soldados xeorxianos e chechenos teñen un ataque xusto na vila. Só dous dos soldados sobreviven, Ahmed (Giorgi Nakhashidze), un mercenario checheno do bando dos abkhazos, e Niko (Mikheil Meskhi), soldado xeorxiano. Os dous granxeiros estonianos acóllenos e comezan a alimentalos para que melloren.
Personaxes Lembit Ulfsak como Ivo, un vello granxeiro estoniano que vive en Abkhazia. Giorgi Nakashidze como Ahmed, un soldado checheno ferido. Elmo Nüganen como Margus, amigo de Ivo e granxeiro estoniano. Mikheil Meskhi como Niko, un soldado xeorxiano ferido.
Premios e nomeamentos
Premio Data da cerimonia Categoría Receptor(es) Resultado 87ª edición dos Oscar 22 de febreiro de 2015 Mellor filme de lingua estranxeira MandariinidNomeado Bari International Film Festival 12 de abril de 2014 Mellor filme MandariinidGañadorBari International Film Festival 2014Fajr International Film Festival 4 de febreiro de 2014 Mellor director Zaza UrushadzeGañador Mellor filme (produtores) Zaza Urushadze e Ivo FeltGañador Premios Globo de Ouro 11 de xaneiro de 2015 Mellor filme de lingua estranxeira MandariinidNomeadoInternational Filmfestival Mannheim-Heidelberg 10 de novembro de 2013 Premio da audiencia MandariinidGañador Premio especial de Mannheim-Heidelberg MandariinidGañador Premios Satélite 15 de febreiro de 2015 Mellor filme de lingua estranxeira MandariinidGañador Tallinn Black Nights Film Festival 30 de novembro de 2013 Mellor filme estoniano MandariinidGañador War on Screen 5 de outubro de 2014 Gran premio do xurado MandariinidGañadorWarsaw International Film Festival20 de novembro de 2013 Premio da audiencia: Mellor filme MandariinidGañadorAwards at the 29th Warsaw Film Festival Premio ao mellor director Zaza UrushadzeGañador
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes en lingua xeorxiana Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes de Xeorxia Categoría:Filmes ambientados en Xeorxia