Hugo Lloris (AFI: [yɡo joʁis]), nado en Niza (Alpes Marítimos, Provenza) o 26 de decembro de 1986, é un futbolista francés que xoga como gardameta para o Tottenham Hotspur da Premier League inglesa.

Traxectoria En Francia Nado na cidade francesa de Niza, no departamento Alpes Marítimos, Hugo Lloris comezou a súa carreira futbolística nas categorías inferiores do equipo da súa cidade natal, o OGC Niza. O 18 de marzo de 2006 debutou co primeiro equipo contra o Stade Rennais, partido que finalizou con vitoria para o seu equipo por 1-0. Ese mesmo ano xogou outros tres xogos e chegou á final da Copa da Liga, aínda que o trofeo finalmente foi gañado polo AS Nancy. Ao ano seguinte conseguiu a titularidade na portaría. En 2008 Lloris asina polo Olympique Lyonnais, equipo que pagou 8,5 millóns de euros para facerse cos seus servizos.

Tottenham Hotspur O último día antes do peche do mercado de traspasos da tempada 2012-13 ficha polo Tottenham Hotspur FC da Premier League, por volta duns 15 millóns de euros tras facer unha boa tempada na liga francesa. Lloris debutou cos Spurs o 20 de setembro de 2012 xogando os 90 minutos e mantendo a súa portaría a cera no que era o primeiro partido do club na UEFA Europa League ante a SS Lazio en White Hart Lane. O francés debutou como titular na Premier League o 7 de outubro de 2012 na vitoria 2-0 sobre o Aston Villa.

Títulos Club TítuloClubPaísAnoCopaOlympique Lyonnais2012SupercopaOlympique Lyonnais2012

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Tottenham Perfil no sitio web oficial da Ligue 1 Perfil no sitio web oficial da FIFA

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Niza Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Xogadores do OGC Nice Categoría:Xogadores do Olympique de Lión Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Franceses de ascendencia catalá Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022