Santa María do Sequeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 686 habitantes (352 mulleres e 334 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, 23 menos ca en 1999. Ten unha superficie de 3,8 km², cunha densidade de 180,52 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Economía A maioría vive da agricultura e gandaría.

Patrimonio O Castro de Sequeiro localízase sobre un pequeno outeiro na cabeceira da conca do regato de San Vicente, no lugar da Carreira de Abaixo. O recinto, de forma oval, atópase defendido na súa parte sur por unha combinación ou parapeto e foso. As outras zonas atópanse defendidas pola presenza dun forte terraplén natural. Ten dous accesos posteriores tipo rampla no sur e no oeste sendo posiblemente a entrada orixinal dun camiño.

Lugares e parroquias Lugares do Sequeiro

Parroquias de Valdoviño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Valdoviño

Sequeiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María