Beatriz Sestayo Doce, nada en Ferrol o 18 de agosto de 1969, é unha avogada e política galega.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida deputada no Parlamento de Galicia polo PSdeG nas eleccións autonómicas de 2005, e é concelleira da cidade de Ferrol desde 2007. En decembro de 2014 gañou as primarias do seu partido para ser a súa candidata á alcaldía de Ferrol."Barquero, Barcón, Reyes e Sestayo candidatos ás alcaldías de Ourense, A Coruña, Santiago e Ferrol" , TVG, 1 de decembro de 2014. Exerceu como tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais en Ferrol dende 2015 ata a fin da coalición con Ferrol en Común en 2016. Por ser ao mesmo tempo tenente de alcalde en Ferrol e diputada autonómica, foi obrigada a dimitir deste segundo cargo en aplicación dos estatutos do seu partido o 30 de outubro de 2015.
En 2019 foi nomeada xerente da entidade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ferrol en común Eleccións municipais en Ferrol
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Avogados de Ferrol Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia