John Hubert Macey Rodgers, nado en Wallaceville (Nova Zelandia) o 9 de outubro de 1915 e finado o 10 de xaneiro de 1997, foi un eclesiástico católico latino, bispo de Rarotonga dende 1973 até 1977. Traxectoria John Hubert Macey Rodgers naceu en Wallaceville, na Illa Norte (Nova Zelandia). Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María o 14 de decembro de 1940.
O 29 de xuño de 1953 foi nomeado vigairo apostólico de Tonga e bispo titular de Sbida. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo coadxutor de Wellington Peter Thomas McKeefry o 11 de febreiro de 1954, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Auckland James Michael Liston e ao bispo de Christchurch Edward Michael Joyce.
O 1 de marzo de 1973 foi nomeado bispo de Rarotonga.
O 21 de marzo de 1977 foi nomeado bispo auxiliar de Auckland e bispo titular de Nigizubi.
O 7 de agosto de 1985 foi nomeado superior da misión sui iuris de Funafuti. Renunciou o 14 de xullo de 1986.
Finou o 10 de xaneiro de 1997.
Notas
Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en 1915 Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Nova Zelandia Categoría:Bispos católicos de Tonga Categoría:Bispos católicos de Tuvalu Categoría:Padres maristas Categoría:Finados en 1997 Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Relixiosos católicos de Nova Zelandia